GADIS, EN CONFIANZA



Imos comezar contando a versión do IES Elviña:
Chegamos ao instituto e estivemos preparando unhas letras fara facer a frase "Benvidos a Elviña", para recibir ao instituto Agra de Leborís. Despois fixemos como unha ola para ensinarlles a nosa frase dita anteriormente. A continuación fixemos uns xogos para coñecernos entre todos. O primeiro consistía en poñernos por orde alfabética e así coñeceríamos todos os nomes. No segundo tiñamos que escribir unhas frases nuns papeis ao lado dos nosos nomes, despois intercambialos e encontralos. Para repartir os nosos grupos tivemos que facer un xogo que consistía en encontrar as persoas que lles tocara a mesma canción que a nós. Cantamos a canción e marchamos co noso grupo e co profesor que nos tocaba ao noso destino: Gadis. ROSALÍA, LUCÍA, ALBA. Versión do IES Agra de Leborís: Chegamos ao noso instituto e tocou a sirea. Subimos á clase, baixamos todos e fomos á parada do bus. Cando iamos estaba chovendo moito. Sacamos unhas fotos todos xuntos e esperamos polo bus, e cando o bus chegou subimos e paramos en Paiosaco e ata Coruña. Fomos andando ata o instituto IES Elviña. Alí fixemos un xogo de presentación. Despois puxéronnos por grupos e fomos acompañados dunha profesora chamada Judit. PABLO, CRISTHOFER, MARTÍN.
Versión dos dous institutos: Fomos andando ata o Gadis e ao chegar alí fixémoslle a entrevista a unha encargada chamada María Xosé Cea, que por certo, era moi simpática. Fixémoslle unha entrevista na que nos contestou en galego e con gran amabilidade. O malo é que non podían poñer os folletos en galego, xa que se ven xente de fora, non o entenderían. Volvemos ao instituto e estivemos esperando a que viñeran os outros grupos. Chegaron e dixemoslle a todos o que aprendéramos. Comimos no bar uns bocatas e agora estamos aquí a facer a nosa entradiña, esperamos que vos gustase. Un bico a todos.
Lucía, Alba, Rosalía, Pablo, Cristhofer e Martín.