Experiencia do convidado:
Saímos do instituto entusiasmados cara a parada do autobús pero empezou a chover e tivemos que ir correndo, alí mollámonos todos porque a parada do bus estaba sen cristais polos laterais.
Luísa a titora errou e tivemos que esperar polo seguinte as 9:15 subimos a el e fomos ata o cuartel da garda civil. Alí baixamos e a titora equivocouse de camiño porque quería ir por onde a Cruz Vermella. Despois deuse de conta e viñemos andando ata o IES Elviña e cando chegamos recibíronnos os seus titores e fomos cara a biblioteca ali recibironnos cun saudo algo estraño e vegonzoso despois fixemos un xogo para coñecer os nomes dos demais e despois eu e mais o noso grupo.
Experiencia do alumno local:
Cando cheguei a clase pola mañá déronnos unha enciclopedia para ter algunha idea para o blog , ao chegar a 2ª hora déronnos unhas follas para facer as letras . Eu tiven que facer o S e fíxeno cun espray negro , despois de terminar as letras baixamos a practicar a benvida , ao chegaren eles fixémoslles a benvida . E despois fixemos un xogo para aprender os nomes.
Despois todos fomos á biblioteca González Garcés, alí recibiunos Helena Pazos que é responsable da biblioteca, por certo moi divertida. Despois de contarlles un conto aos nenos pequenos,elixiu entre nós a un que lle puidera axudar a abrir un ovo e tocoulle a......Adri, o pobre pasou moita vergoña, e despois ela atendeunos gratamente. Nós íamos facerlle unha entrevista sobre as dúas linguas oficiais que hai na nosa comunidade(galego e castelán), xa na entrevista puidemos comprobar que a xente da nosa comunidade le máis en castelán que en galego e que tamén fan actividades para fomentar o uso oral do galego como contacontos ou taller de escritura, logo ensinounos como estaban colocados os libros: por temas... Despois de terminar a entrevista dixémoslle se nos podía dar algo, algún folleto ou algo polo estilo que fixera de proba para saber que estivemos alí. A verdade saímos moi contentos e agradecidos pola boa colaboración que tivo Helena Pazos.
Neste traballo estivemos Darío, Adrián, Sergio, Jessica e Mónica