Ás 9:25 os do IES Agra de Leborís entraron no autobus camiño ao IES Elviña. Alí esperábanos cunha sorpresa. A sorpresa era un cartel de benvida. Despois sentamonos por orde alfabética. Escribimos o nome nunha tarxeta. Fixemos un coro de cancións para facer os grupos. Saímos a facer unha entrevista á estación do tren.
Ás once e vinte fomos á estación do tren. Fixemos unha entrevista a unha muller da parte de información, ao acabar compramos lambetadas e fomos coñecéndonos un pouco máis, logo sacamos fotos a estación a aos trens.De camiño ao instituto estivemos escoitando música e falando.Cando chegamos ao instituto fumos a biblioteca a preparar un telexornal para contarlles aos compañeiros as nosas conclusións e despois fumos comer a cafetería. Máis tarde fumos xogar o voleyball e o fútbol cando de repente veu Pepa a quitarnos o balón de voleyball e fumos a aula de informática a facer unha entrada no blog.