Chegada ao IES Elviña
Hoxe á mañá , collemos o autobús , para vir ao IES ELVIÑA . Chegamos e déronnos a benvida , despois , fixemos un xogo de presentación e formamos grupos de seis , para facer un percorrido ao mercado de Elviña .
Fomos ao mercado a facer unha entrevista a Marcos Ramallo que tiña o posto de peixes. As preguntas ían sobre as linguas, como o galego e castelán. Cando lle faciamos as preguntas en galego, el nos respondia en castelán.
Foi encantador, e recibiunos moi ben.Nós pasámolo ben e sentímonos a gusto.
Ao terminar a entrevista , pedimoslle que nos dese unha proba de que nos estiveramos alí. A pobra eran unhas peixes chamados pions.
Cando acabamos de facer a entrevista e vimos que nos sobraba tempo, fomos dar unha volta polo mercado para saber se as persoas falaban en castelán ou en galego.
A maioría da xente fala en castelán, pero a xente maior habitualmente en galego.
Despois fomos onde unha señora descapacitada para preguntarlle que idioma lles falaba a xente a ela, ela dixonos que normalmente en galego.
Iamos camiño do instituto e acordamonos de que non nos fixemos unha foto con Marcos.
Ao final pasamolo ben e aprendimos que as persoas maiores falaban mias galego que as persoas pequenas.