GRUPO GOLMAR
Ola, hoxe chegamos pola mañá ao Agra de Leboris(A Laracha). Chegamos e déronnos a benvida , despois fixemos uns xogos de presentación, os mestres nos daban a metade dun refrán, e tiñamos que buscar o trozo do refrán que faltaba, formámos grupos de catro, para coñecernos un pouco mais. (É xa se nos quitou a vergoña). O noso refrán era: ONDE MENOS O ESPERAS, SALTA A LEBRE (Cando menos o pensan se cumpre o que pides). Tivemos que facer unha interpretación do refrán (que por certo quedamos de finalistas).O noso grupo (Golmar) está formado por:-Raquel, Nuria, Laura e Arlette.As 10.30 da mañá tivemos o 1º recreo. Que por certo estivemos na cafetería (Maravillosa) todas. No 2º recreo as 12:30 da mañá, estivemos dando unha volta polo centro para coñecelo mellor.Ao principio non sabíamos nada sobre o insituto, pero despois coas amigas do grupo, xa nos orientamos máis.As 10:50 estivemos co escritor Xavier P. Docampo e o director Carlos Amil. Vimos un vídeo en primicia da película A Casa da luz (dirixida por Carlos Amil), baseada no libro de Xavier Docampo.Ás 12:50 empezamos a gravar as películas sobre o lema: ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO.As 14:30 fumos á cafetería a comer. Tivemos que comer nos grupos que tiñamos feitos. Ao acabar de comer tivemos un rato libre, donde estivemos xogando ao escondite polo patio, escoitando música, falando...As 16:00 subimos ao aula de informática a pasar as películas que fixemos, a nosa película trata do que pensan os estranxeiros do galego.É estamos moi encantados de estar neste instituto, e esperamos volver a vernos. Ata logo.