encontro 2010

Atopámonos no instituto Agra de Leborís ás nove e cuarto, os de Elviña e os da Laracha. Fomos á biblioteca e fixemos grupos de catro, dous de cada instituto. Para formalos déronnos unhas tarxetiñas que poñían refráns, tivemos que unir os dous pedazos do refrán. O noso refrán foi " Ao que non quere caldo...sete cuncas".
Despois os profes dixéronnos que tiñamos que representar o noso refrán. Fixémolo todos os grupos. Despois xa tocou para o recreo. Estivemos xogando e dando voltas polo insti. Despois fomos a unha charla con Xabier Docampo e Carlos Amil, que son un escritor e un director de cine. Estiveron falándonos da lectura, e Carlos púxonos uns pedaciños da súa película. Pareceunos xenial, e soubemos identificar algúns lugares, como Betanzos e Baio. Xabier asinou algúns libros da Casa da Luz, e tamén Carlos asinou nos libros.
Despois fomos ao segundo recreo, algúns foron á cafetería a comprar larpeiradas, e cando acabou o recreo tivemos que esperar os profesores no patio e volver formar os grupos de catro para gravar unhas pelis para colgar no blog do encontro. O tema era "Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego".
Primeiro tivemos que escoller o lugar da rodaxe, nós escollemos un contedor de papel, para que saiba a xente que hai cousas que non se deben tirar ao lixo, como a nosa lingua, porque estamos orgullosos dela.


Custounos bastante rodalo, primeiro pensamos nunha árbore, pero a profe Pepa axudounos a facernos unha idea da rodaxe. E así xurdiu a nosa miniminipelícula,


Despois fomos comer á cafetería e despois xogamos ás agachadas, ou a facer festa con música. E agora estamos resumindo o que fixemos todo o día.
Agora temos moitos amigos, ligues... e pasámonos os tuenti e os messengers.
Bicos e comede moitas perdices, sendo moi felices!!
Viva o encontro!!!
Darío, David e Hadrián, Pedro