III ENCONTRO IES AGRA DE LEBORÍS- IES ELVIÑA

Hoxe día 30 de abril, tivemos o encontro entre: o IES Agra de Leborís e o IES Elviña.
Cando chegamos, os de Elviña, fixemos un xogo de refráns para formar os grupos de catro persoas. Cada grupo tiña un nome, a nós tocounos ser "Zanfoga", que é o lugar que vedes na foto, que pertence ao concello da Laracha. O noso refrán é: Amighiños si... pero a vaquiña polo que val.
Despois de facer os grupos, fomos ao recreo. Logo, cando rematou o recreo, coñecemos a Xabier Docampo e a Carlos Amil. Faláronos da súa infancia e da experiencia da novela e da película da "A Casa da luz". Pepa, díxonos que tíñamos moita sorte porque somos uns dos primeiros en ver imaxes da película, xa que aínda non se estrenou.   
A película foi rodada en Baio, Betanzos e Moeche. Cando tocou a sirea fomos ao recreo. Rematado o recreo, todos os grupos fixemos pequenos vídeos sobre o lema de "ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO"