ENCONTRO IES AGRA DE LEBORÍS/IES ELVIÑA

O venres 30 de abril, os alumnos de primeiro da ESO do IES Elviña ímos visitar os alumnos de primeiro da ESO do IES Agra de Leborís, en Laracha. Dende as 8:30 ata as 18:00 da tarde, vai ser un gran día, inesquecible.
Tamén faremos uns vídeos. Aquí, no IES Elviña estamos traballando a fondo, e de feito xa temos algún vídeo, pero aínda nos queda moito.
Estamos desexando coñecervos e ver os vosos vídeos pra xuntarmos ideas e levalas a cabo nos grupos que van montar.
Nós temos o presentimento que ímolo pasar moi ben convosco. Temos moitas gañas de coñecervos.
Nós xa estamos ensaiando facendo estas peliculiñas, pero aínda nos queda moito que traballar. Esperámos que vós fagades o mesmo, para que poidamos velos e divertirnos todos. Se queredes ver o noso vídeo premede nesta ligazón: XTRANORMAL
Ata loguiño
Noemi e Laura