- Crear escenarios educativos que incidan na competencia lingüística da comunidade
- Facilitar o uso das novas tecnoloxías para a normalización lingüística.
- Apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións artísticas e culturaise considerala patrimonio dos pobos
- Provocar un sentimento de cidadanía global e planetaria compatible coa identidade local.
- Aprender a traballar en equipo en contornos de traballo colaborativo para fomentar estratexias de cooperación e de respecto.
- Crear e compartir e difundir materiais normalizadores que recollan a información procesada dos proxectos.
- Analizar a información de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo.
- Comprender a realidade social na que se vive.
- Fomentar o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora e un interese por participar de maneira activa na vida cultural.
- Adquirir conciencia das propias habilidades e das carencias, co fin de redundar na motivación, na autoconfianza e no gusto por aprender.
- Transformar ideas en accións: proporse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos tanto individuais como colectivos reponsabilizándose deles.