ESTIVEMOS DE ENCONTRO!

Van XI Encontros entre o IES Agra de Leborís e o IES Elviña ao que se suma o CEIP da Revoltas.
Este ano estivemos polas terras da Laracha. Visitamos o museo do mar en Caión e fixemos un fermoso percorrido entre Caión e Baldaio.
   

Realizamos o encontro 25 de abril

Este ano fumos ata as terras de Cabana de Bergantiños para realizar o encontro. Xa vai unha década de intercambios para promover a lingua galega. Alí, no centenario da morte de Pondal, disfrutamos da paisaxe e dos monumentos prehitóricos (dolmen de Dombate e castro de Borneiro) que tanto serviro de inspiración ao poeta do himno galego.

Xa está en marcha o X encontro


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI As Revoltas,  dentro da súa programación anual, realizará un encontro, co IES Agra de Leborís da Laracha e co IES Elviña. A actividade farase nese centro o próximo  martes 25 de abril.
O dito encontro realizarase no CPI de As Revoltas (visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro) e ocupara todo o horario lectivo (mañán e tarde do martes). O xantar realizarase na Praia de Cabana  (hai que levar bocadillos ou a comida que se queira).

O programa será o seguinte:

LEMA: REXOUBANDO III . Movéndonos e cantando coa lingua

8:30
Saída de Elviña

+- 9:10
Chegada á Laracha no bus e recollida da rapazada de 4º ESO
10:00
Chegada a Cabana de Bergantiños. Xuntanza de grupos e subida ao tren e ao bus de Rico
10:30
Chegada ao Dolmen de Dombate. Ximcana
12:00
Saída andando cara ao Castro
12:30
Explicación (pequena) e busca do tesouro ou Ximcana

13:30-14:30
Regreso  ao CPI As Revoltas facendo a Ruta do Rego dos Muíños (a pé)
14.30
Picnic na praia ou no Salón de Actos (interrelación lingüística entre a rapazada)
16.00
Entrega de Premios á mellor Ximcana

16.30
Despedida

Alalá. TVG

Programa da televisión de Galicia sobre a riqueza cultural de Cabana


Para saber sobre Eduardo Pondal

No centenario da súa morte

Presentación do VIII Encontro

Celebrarase no IES Elviña o 14 de abril



Os Equipos de Normalización e Dinamización dos respectivos IES, dentro da súa programación anual, realizará un encontro, por octavo ano consecutivo o próximo  martes 14 de abril.
Dito encontro realizarase no IES Elviña e ocupara todo o horario lectivo (mañán e tarde do martes). O xantar realizarase na cafetería do instituto (hai que levar bocadillos ou se se prefire compralos nesta. Tamén pódese comprar a bebida)

O programa será o seguinte:

LEMA: REXOUBANDO. Movéndonos e cantando coa lingua

9:30-10:10
Presentación-formación de grupos

10:10-13:00
Saída en autobús cara o centro urbano. Realización dunha ximcana (10:30-12:30) entre os Xardíns de Méndez Núñez á Cidade Vella.
Vola ao instituto en autobús.
13:00 -14:10
Montaxe da reportaxe sobre a ximcana.
Elaboración dun pequeno audio comentando a experiencia.
14:10-15:30
Xantar
15:30-17:10
Escenificación das obras, concurso e entrega de premios
17:15
Despedida

Resumo do VII Encontro

A viaxe das linguas


Un novo encontro. 29 de abril, A Laracha

MADE IN GALIZA _ SECHU SENDE


Un título que xa se converteu nun clásico nas aulas e fóra delas, como demostran as continuas reedicións, as traducións e a cantidade de materiais que se seguen xerando nos colexios e institutos cos seus textos (e que algún día haberá que apañar para traer seleccionados a este blogue), pedía un guionciño que facilitase o traballo da lectura do alumnado.
Máis alá, entón, do tratamento que se lle pode dar a este libro nas sesións de sociolingüística, para as cales é unha ferramenta de primeirísima utilidade, vaia esta batería sinxela de preguntas para solventar as dificultades que atopan os estudantes á hora de enfrontarse ao traballo dun libro de relatos, máis se cabe nesta miscelánea fragmentaria, ao mesmo tempo unitaria, mais complexa para abordar por eles dende unha lectura global.
Aquí vai o encargo que me pedían insistentemente os que xa a escolleron como lectura trimestral. O primeiro engado para que piquen no Made in Galiza é o relato “Uf”, non falla!, e logo van atopándose co libro aquí e alá: Guía sexual da sociolingüística, Ámote ou Quéro-te son textos que ben se poden empregar na aula para achegalos ao idioma, dende os afectos e o humor, antes da sociolingüística de 4º da ESO.


 Uf

Entrou na cafetaria, prendeu-se naqueles olhos, asombrou-se e soubo que atopara algo…, fixo uf e começou a…, mirou-na outra vez, e começou a ama-la, a quere-la, pensou e sentou á mesa mais achegada á cafeteira e sentiu, uf, que comezava a…
-Ola, dixo ela, que queres? -Quero… macela. Ao dia seguinte entrou á mesma hora e ela seguia ali e sentiu que, uf, que a queria, en sério, pensou. -Ola, dixo ela, que queres? -Quero… tila. Ao terceiro dia continuava querendo-a e começou a imaginar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estava, que ela estivesse, começando a sentir isso tamém, uf. -Ola, que queres? -Quero… menta. Ao cuarto dia sentiu que já nom podia mais, que tinha que dicer-lho. Tenho que dicer-lho, pensou, uf. -Ola, que queres?, dixo ela. -Quero… te, dixo el. Ela abriu os olhos preguntando Como? e el dixo outra vez em baixinho Quero…te. E dixo Quero…te ao dia seguinte e Quero te ao seguinte e ao terceiro dia tamén dixo Quero te e entón ela dixo-lhe cos olhos Eu tamém.


Guía de Xosé Mª Moreno Villar