GRUPO:A SAIA DE CAROLINA.
Despois de facer os grupos, saímos a fora para facer unha entrevista concertada no centro de Asesoramento da muller. Tivemos que esperar un pouco porque estaban ocupadas, pero despois atendéronos no despacho con moita amabilidade. Fixémoslles unhas cantas preguntas e cando rematamos engadimos algunhas. Ao rematar collemos unha proba de que estivemos alí, e despois regresamos(ao instituto). Ademais, fumos o segundo grupo en chegar!!!. Pepa, a profesora de Lingua Galega deixounos ir a comprar algo no bar (só cinco minutos). Ao subir a biblioteca empezamos a facer representacións da entrevista, algo que a algúns lles custou moito, porque non paraban de xogar, pero sobrevivimos. Nesta actividada había:Un portavoz e un xurado de cada grupo. Ao rematar a actividade fumos comer ao bar (coma sempre). Logo nos deixaron xogar un rato. Foi unha esperiencia innolvidable, esperamos repitilo mais veces. Moitos bicos a todos.